23/04/08

Visita especial


O Día do libro , o alcalde de Moaña, escritor e poeta, visitou a nosa biblioteca escolar, para charlar cos nenos e nenas de 6º curso.

Máis informacion en BIBLIOTECA DO COLE

A policia municipal e os pequenos



Os nenos e nenas de Infantil do noso cole recibiron a visita da Policia Municipal,que les explicou normas de seguridade, púsolles unha película, e ensinoulles os seus coches e motos.
Toda unha lección de educación vial.


Máis no FARO DE VIGO


16/04/08

Abril , mes dos libros



Como sabedes, neste mes hai dúas data de interés para o libro e a lectura:

2 de Abril Día Internaciónal do libro infantil e xuvenil (Aniversario do nacemento da Hans Christian Andersen)

23 de Abril Día Internacional do Libro (aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare)

Por elo, no noso cole celebramos todo o mes como ABRIL ,MES DOS LIBROS , con moitas actividades.Non deixedes de entrar na páxina da nosa biblioteca, para ver o que imos facendo:

Obradoiros


Os nenos e nenas de 6º curso están esta semana facendo un obradoiro de "Lingua divertida".E unha actividade proposta dende o departamento de Normalización Lingüística do Concello.


Máis información en DINAMIZA NORMALIZA.