20/06/08

Fin de curso en sexto

Hoxe foi o último día de clase. Fixéronxe festas en todas as clases, pero quedámonos cos de 6º curso, por ser hoxe o seu último día con nós.
Onte recolleron as patacas que plantaron no horto escolar, e hoxe pillámolos preparando unha tortilla con elas:



A profe Merchi, de xefa de cociña.

Ao rematar de xantar, recorreron o colexio, entrando nas aulas para despedirse de todo o profesorado. ¡Boa sorte no Instituto!







10/06/08

BENVIDOS

O 11, 12 e 13 de Xuño van vir de visita os nenos e nenas de 3 anos do curso que ven.

Neste vídeo ensinámosvos algunhas das actividades qu fixemos durante o curso. ¡Pasámolo moi ben!

09/06/08

Viaxe de 6º a Manzaneda

Os alumnos/as de 6º curso sairán o mércores ás 9,30 horas para Cabeza de Manzaneda. Farán unha parada para coñecer a vila de Ribadavia e chegarán aproximadamente ás 14 horas a Manzaneda. Pola tarde participarán xa nas actividades.
As actividades programadas para estes días son as seguintes: Tiro con arco, senderismo, aula de natureza, piscina, escalada, supervivencia, xogos medioambientais, karts, equitación e outras varias.
O venres aproximadamente ás 19,30 h chegarán de volta ao colexio.
Para máis información www.manzaneda.com

Illa de Ons


O vindeiro mércores día 11 de xuño a clase de 5º curso visitará a illa de Ons dentro do programa educativo do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Sairán ás 10,30 h de Bueu e volverán pola tarde.

02/06/08

Traballando a igoaldade

Os nenos e nenas de 6º curso traballaron na área de Educación Artística (seccións bilingües Galego/Inglés ), a publicidade en positivo.

Este é o resultado: