30/11/08

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LINGÜÍSTICA

VOCES Á ORELLA é o nome da campaña ,pola que Política Lingüística quere animar a mozos e cativos a empregar a nosa fala,gozando de distintos espectáculos teatrais.








.Ademais,grazas aos acordos coas editoriais,estas agasallan a cada rapaz ou rapaza participante cun libro.
O xoves Infantil,e o primeiro ciclo asistiron a "REMOLDIÑO VAI Á FEIRA",representada por CASAHAMLET

03/11/08

Polo Samaín as cabazas deben rir

Chegado o outono, queríamos recuperar a tradición do tallado de caveiras.Noutros tempos,era moi común facer estes enredos aos máis cativos,e tamén gastar algunha broma a outros non tan pequenos.Todo a conta dos cabazos,que se recollen por estas datas.
A proposta foi ben acollida polas familias,tanto que superou calquera previsión.Xuntámonos con case un cento de caveiras,de todas as formas imaxinables,cada unha máis orixinal que a anterior.Noraboa a todas as familias e grazas pola xenerosa participación.