19/12/08

Visita de Papa Noel no colexio

Hoxe foi o último día de clase do 1º trimestre.
A partir das 11 fixemnos unha chocolatada para o alumnado e recibimos a visita de Papa Noel para entregar agasallos a todas as clases: xogos e contos.

Despois algúns alumnos representaron unha obra de teatro no auditorio Daniel Castelao, e todos xuntos cantaron panxoliñas.

Por último todos os alumnos e alumnas de 6º curso fixeron un pequeno resumo deste trimestre, e manifestaron os seus desexos para o vindeiro ano.

As clases comezarán de novo o xoves 8 de xaneiro.

16/12/08

Premio para 6º curso

Os nenos e nenas de 6º curso acaban de recibir o 1º Premio de Murais do Parque Natural Illas Atlánticas 2008. Os traballos gañadores estarán expostos na Casa da Xuventude de Vigo (López Mora 31) dende o día 23 de Decembro ata o 7 de Xaneiro.
O horario de visita da exposición é de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. O local estará pechado os días 24 e 31 de Decembro e o día 5 pola tarde.
Noraboa aos nenos e nenas gañadores, e as profesoras deles, Mª Carmen e Charo!