24/03/09

3ª xornada do deporte na escola

O luns día 23 do presente mes, o alumnado do 3º ciclo participou na 3ª xornada do deporte na escola, celebrado no pavillón de Reibón. Temos que destacar a mellora, tanto a nivel persoal como grupal, de todos os nenos e nenas no seu comportamento, na súa actitude ante as normas, no respecto aos demáis...

18/03/09

Aviso: Día non lectivo

O venres día 20 de marzo non hai clases, xa que está contemplado como día non lectivo no calendario escolar para toda Galicia.

11/03/09

Plantación no colexio

O noso colexio participa no proxecto Voz Natura, que coordina o profesor Antón.


Hoxe saimos todos a plantar árbores frutais.Cada curso plantou unha laranxeira na parcela que queda debaixo da pista. Como está moi ben orientada, esperamos ter pronto unhas boas laranxas.Para eso temos que regalas moito!!