22/06/10

I CROSS ESCOLAR REIBÓN
















O pasado domingo día 20, algúns dos nenos/as do cole participaron no I CROSS ESCOLAR DE REIBÓN.


A gran maioría deles obtiveron unha copa por quedar entre os 5 primeiros clasificados, aínda que todos obtiveron unha fermosa medalla polo seu esforzo e participación.


Desde o cole queremos felicitalos pola súa excelente actuación.

08/06/10






A finais do mes pasado, o alumnado do 3º ciclo de E.P. participou nun encontro organizado polo programa XOGADE no pabillón de Reibón, xunto cos colexios de Seara, Reibón e A Guía. A actividade que realizaron foi o Balonkorf e o Kin-ball. Foi unha xornada de convivencia e aprendizaxe destas dúas modalidades de deportes alternativos.