26/11/10

Un día movido

O mércores foi un día moi movido no cole:
Os nenos e nenas de 4º de Infantil , os peques do cole, foron á fonte de Entrevalos e ao lavadeiro da Miranda (mandoulles "Paco", a mascota, Proxecto auga)

Os alumnos/as de segundo de Primaria foron pintar á praia da Xunqueira (Proxecto Innovación)


A profe de terceiro de Primaria empezou a gravar as voces dos seus alumnos/as para un audiovisual sobre as súas mascotas (Proxecto Innovación)

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria remataron as súas presentacións dixitais sobre os tiburóns (Proxecto tiburóns)

O alumnado de quinto e sexto de Primaria asistiu a unha charla sobre os cogumenos .(Proxecto Fomento do galego)

E ademais o club de lectura de 5º curso xuntouse na biblioteca,

Que cole máis movido!!!!

09/11/10

Magosto no cole

Mañá imos celebrar o magosto no colexio. Como todos os anos, asaremos as castañas, e xogaremos cos trompos, bólas, ...e máis xogos.
A ver si sabedes resolver esta adiviña!:
ALTA ESTOU

LADRÓN VEXO VIR

DO MEU CARAPUCHO

NON PODO FUXIR.


"TRADICIONAL"
Quédavos aquí un enlace ao blog do cole "Poemas para peques" que ten máis poemas e adiviñas de outono.

04/11/10

Video conferencia


Hoxe, con motivo da celebración da xornada "Pola ciencia en galego". os nenos e nenas de 3º ciclo tiveron a ocasión de celebrar unha videoconferencia cos científicos e científicas galegas que traballan no Consello Europeo para a investigación nuclear (CERN) , coa colaboración da Facultade de Física, da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.

O obxectivo era dobre:

Ver como co galego pódese chegar lonxe.

Coñecer que cousas se traballan no CERN.

Os nenos e nenas tiveron ocasión de facerlles preguntas.
Máis información no blog de Terceiro Ciclo e no de Normaliza Dinamiza

Tamén saimos no Faro de Vigo

02/11/10

A nosa biblioteca

O pasado fin de semana celebráronse os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Xuntáronse 1.200 docentes relacionados coas bibliotecas para escoitar conferencias e compartir experiencias.

Como todos os anos, algunhas profesoras do cole acudiron para aprender, compartir, mellorar.

Tivemos ademáis a posibilidade de falar de algunhas das nosas experiencias na biblioteca escolar do noso cole.: os traballos documentais, as aportacións á galipedia, as produccións multimedia, o traballo por proxectos, a participación das familias nas actividades da biblioteca,..
Pódese ver máis información sobre os Encontros en: