21/12/10

Último día do trimestre


O mércores, como é o último día do trimestre, temos unha programación especial.
Como todos os anos, imos merendar todos xuntos chocolate con churros.
Logo recibiremos a Papá Noel, que traerá un agasallo para cada aula.
A continuación recreo con música de nadal, e despois imos disfrutar de un pouco de cine:

As clases comenzarán o 10 de xaneiro.
Felices festas a todos e todas

Encontros na área de E.F.

O pasado día 16 de decembro, o alumnado de 5º y 6º cursos participaron na primeira xornada do programa "XOGADE", nas modalidades deportivas de balonmán e baloncesto xunto co alumnado dos colexios de Tirán, A Guía, Reibón e Seara.


15/12/10

Premio para a biblioteca do cole

No colexio de Quintela estamos moi, moi contentos.

Acabamos de recibir a noticia de que veñen de concedernos o III Premio do Ministerio de Educación no "concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas escolares", cunha dotación económica de 7.000 euros.

Este premio non sería posible sen a colaboración e implicación nos traballos da biblioteca de todo o profesorado e familias.

Gracias a todos e todas, e a seguir traballando coa ilusión que nunca nos faltou!!!!