27/11/11

As caras do Outono

Coa chegada do Outono os nenos/as de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria falamos un pouquiño mais das "Cousiñas" do Outono:  Cambios atmosféricos (chuvia, vento...), as cores, as árbores, os froitos (vimos ourizos, noces, mazorcas de millo, cabazas...).

 ¡O NOSO CONTORNO CAMBIAAAA!!.
Pero sobre todo falamos de como nos sentimos nesta nova estación: contentos, tristes, enfadados, desgustados, sorprendidos, malhumorados...
Así que aprobeitando unhas cantas follas das árbores, confeccionamos este mural:




plasmando os nosos sentimentos.







¡e tamén nos Divertimos!


25/11/11

SALTAMOS!

Estas últimas semanas, nas clases de E.F., estivemos traballando as Habilidades Motrices Básicas nos cursos de 3º e 4º. Unha das Habilidades traballadas foi o salto coas súas variantes. Levounos tempo e moito traballo lograr saltar por enriba dun compañeiro ou compañeira sen medo, pero... conseguímolo!!! A profe premiounos cun xogo que nos gusta moito, que é a carreira de sacos.










Aínda que a profe se enfadaba porque as cousas non saían todo o ben que ela cría que tiñan que saír, quedou moi contenta cos resultados. 

12/11/11

MAGOSTO

O pasado xoves, celebramos no colexio o MAGOSTO. Fixemos xogos populares típicos da zona na que vive o alumnado, como tema relacionado directamente co San Martiño, festa tradicional do lugar. Tamén tivemos tempo de pintar as caras, saltar por enriba da fogueira, comer e comer castañas...
Ahí vai un video co resumo do momento.