28/02/12

O ENTERRO DA XOUBIÑA

O sábado enterraron a tradicional Xoubiña no concello de Moaña. Como estivo moi boa tarde, asistiron moitos nenos e nenas. Aquí  van unhas fotos:


23/02/12

Prazo de admisión para o curso 2012/2013

O prazo de admisión para o curso 2011/2012 estará aberto dende o 1 de Marzo ó 10 de Abril, tal como informamos en carta enviadas as familias.
Descargue aqui a carta.

A partir do día 1 pódese pasar polo colexio ( de 8,45 a 14.30 ou de 16 a 18 h ) para recoller e entregar a documentación necesaria, visitar as nosas instalacións e resolver calqueira dúbida que poidan ter.

Descargue as follas do impreso para a solicitude de praza:
Impreso 1
Impreso 2 

Descargue aquí o folleto informativo sobre as instalacións, horarios, actividades e dotación do colexio.

17/02/12

FESTA DO ENTROIDO!

Hoxe no colexio festexamos o entroido! Este ano, decidimos disfrazarnos de personaxes dos contos que nos gustan. Houbo unha gran variedade de disfraces, todos moi fermosos. Tamén estivo presente o "Rato Paco", a mascota da nosa biblioteca, que garda e coida os libros que usamos no cole. Pasámolo moi ben cantando as coplas, comendo orellas e filloas, bailando e desfilando polas rúas de Quintela!




07/02/12

MATES EN BALONCESTO!

Na área de E.F., no segundo trimestre, comezamos traballando o deporte do Baloncesto nos cursos de 5º e 6º. Entre as diversas actividades que estivemos facendo, houbo unha que gustou especialmente ao alumnado, os mates.
Que divertido foi subirse ao plinto e saltar  para facer o mate na canasta e logo cair na colchoneta quitamedos!




04/02/12

Centenario do Grupo Escolar Quintela



Estimadas familias: 

            Neste ano conmemoramos o centenario do Grupo Escolar de Quintela, construído no ano 1912. Temos previsto organizar unha serie de actividades entre as que están, unha exposición de fotografías e material escolar  (libros , cadernos , útiles escolares,etc.) que foron utilizados no Centro.
            As fotografías poderanse entregar durante o mes de febreiro no despacho de dirección cos datos das persoas que están nas fotos, comprometéndonos a devolvelas nun prazo duns poucos días. Lembrade que debemos contar coa vosa autorización para que as fotos se poidan expoñer e publicar.
            O resto do material servirá para completar unha recreación dunha aula desa época.
            Agradecendo a vosa colaboración recibide un saúdo do profesorado do CEIP Quintela.
                                                                                               Moaña, xaneiro de 2012.





En Faro de Vigo hoxe:
FARO DE VIGO