31/05/12

Xornadas de Atletismo no Concello

O pasado sábado día 26 de maio, celebrouse nas Pistas de Atletismo da Xunqueira a 2ª Xornada de de Atletismo Base para os nenos e nenas de primaria. A participación nas diversas probas foi bastante numerosa por parte do alumnado do noso colexio. Aquí vai unha reportaxe sobre o evento.


26/05/12

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Por último, presentamos unha das actuacións de 6º curso.

 

25/05/12

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Aquí van os videos de 4º, 5º cursos. Temos que darlle os parabéns a todo o alumnado polo ben que fixeron.




24/05/12

Festa en Moaña

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.

23/05/12

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Estas son as actuacións dos nenos e nenas de 2º e 3º de primaria.






22/05/12

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Este ano, o Día das Letras Galegas dedicóuselle a Valentín Paz Andrade. No festival, houbo cancións, poemas, obras de teatro... A continuación podedes ver os videos.


6º DE E.I.






4º DE E.I.




5º DE E.I.





1º DE E.P.







15/05/12

ATLETISMO

O pasado sábado celebrouse nas pistas da Xunqueira, unha xornada de atletismo para o alumnado de primaria. Algúns dos nosos nenos e nenas animáronse a participar facendo carreiras, saltos e lanzamentos. Aquí presentamos un resumo deste evento.


10/05/12

Marcapáxinas 100 anos de escola

Este foi o agasallo a todos os asistentes á inauguración da exposición de fotos da escola escola de Quintela:

LETRAS GALEGAS 2012

Como sabedes, este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Valentín Paz Andrade. Preme na imaxe, para saber un pouco sobre este autor.


07/05/12

Plan experimental

Entre a documentación do noso colexio, atopamos o Plan Experimental para o ensino do galego na escola, un plan do ano 73 ao que se acolleu a nosa escola, como recordaron os asistentes ao faladoiro do pasado venres 4 de maio:

05/05/12

Conmemoración 100 anos de escola

Foto: Gonzalo Núñez
O venres 4 de maio vivimos unha xornada de emocións cos actos que celebraban a connmemoración da construción da Escola Vella de Quintela.
Na exposición, unha nube de persoas buscaban con ávido interese imaxes de amigos e familiares, entre as máis de duascentas fotos. Os sorrisos e as sorpresas percorrían os corredores, dando lugar a animados comentarios. 
Os recordos tamén asomaronn  ao visitar a recreación dunha aula de metade de século pasado. Os que estudaran na Escola Graduada de Quintela, recoñeceron as mesas, os bancos e os pizarrillos cos que escribían e os máis novos observaban con curiosidade os útis daquela escola tan lonxana.
O faladoiro organizado na Aula da Cultura Daniel Castelao (a antiga escola de Quintela) vivíu momentos moi intensos, tanto polas emotivas intervencións dos presentes como pola curiosidade das anécdotas. Desde detalles sobre o estado das aulas e as trasnadas dos cativos ata as emotivas palabras recoñecendo o labor dalgúns mestres da escola.
Foto : Gonzalo Núñez
Os cinco convidados representaban puntos de vista clave na historia do Grupo de Quintela: un alumno escolarizado nos anos 50 ( Pepe O caramuxo), outro dos anos 70 (Pepe o Roxo), a última directora do centro antes da aparición dos novo centros de Quintela e Abelendo (Elisa De La Peña), unha mestra do centro vello e do novo (Filomena Lago) e por último a representante da APA que viviu a reclamación dos novos centros (Modesta Fandiño).As súas interencións deron paso as do público, destacando a de Santiago Barreiro , fillo dun  mestre de Quintela entre os anos 30 e os 60, Santiago Barreiro Paradela que destacou polos seus méritos docentes como salientaros os presentes.