28/06/13
Concerto de Susa Herrera
Somos uns afortunados! Susa Herrera estivo connosco o día 18 para presentarnos o seu último traballo: "En Cabárceno se oye cantar". É un libro fabuloso con CD e DVD no que ao tempo que bailamos e cantamos aprendemos moito sobre 10 animais. Grazas, Susa! Feliz verán a tod@s!
Aquí tendes unha mostra do seu traballo. Que ben o pasamos! A avestruz
O iac
O gorila
O oso pardo
18/06/13
Olimpiada Escolar
O pasado día 15 celebrouse nas pistas de atletismo da Xunqueira a XXXIII OLIMPIADA ESCOLAR. A participación de alumnado do noso cole foi moi numerosa, e co esforzo e participación de todos, conseguimos un terceiro e ben merecido posto. Desde o colexio queremos dar os parabéns a todos os nenos e nenas e dicirlles que son uns campións!
16/06/13
Moaña, historia fotográfica da Agrupación cultural Nós
Esta fin de semana presentouse con grande éxito de asistencia o terceiro tomo da serie Moaña, historia fotográfica. Esta nova publicación da Agrupación cultural, deportiva e recreativa Nós,que tanto ten investigado sobre Moaña, recompila unhas 400 fotos recollidas e investigadas exhaustivamente polo colectivo.
09/06/13
Ollos de Aula nº 8
No número deste mes de Ollos de Aula, trátase o tema das vacacións escolares e o dos prexuízos lingüísticos, incluindo coma sempre recomendacións para o ocio en familia, que poden servir de orientación para ese tempo no que temos na casa aos máis pequenos.
06/06/13
Taller de xabóns
04/06/13
Festival das Letras Galegas
Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Roberto Vidal Bolaño, así que no cole, fixemos o festival con moita parte de teatro, que a él lle gustaba tanto. Tamén tivemos cancións e bailes e a gran despedida do alumnado de 6º curso. Aquí tedes uns videos.
4º INFANTIL: "Canción da bolboreta"
5º INFANTIL: "Felisa vai en coche"
2º PRIMARIA: "Os antollos da margarida"
3º PRIMARIA: Baile con panos e recitado dun poema de "Cantares Gallegos da noitiña de San Xoán"
4º PRIMARIA: "Parrafadas ao teléfono"
5º PRIMARIA: "Ai mamasiña que medo!
6º PRIMARIA: "A estación de autobuses e manifesto de despedida"
4º INFANTIL: "Canción da bolboreta"
5º INFANTIL: "Felisa vai en coche"
6º INFANTIL: "A princesa do Caurel"
1º PRIMARIA: "Moncho e a mancha" e "O león mariño"
2º PRIMARIA: "Os antollos da margarida"
3º PRIMARIA: Baile con panos e recitado dun poema de "Cantares Gallegos da noitiña de San Xoán"
4º PRIMARIA: "Parrafadas ao teléfono"
5º PRIMARIA: "Ai mamasiña que medo!
6º PRIMARIA: "A estación de autobuses e manifesto de despedida"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)