28/04/14

Xogamos co Dado!

Nas clases de E.F. dedicamos unhas sesións a traballar a coordinación, o equilibrio, os desprazamentos.... dun xeito que resultou ser moi divertido, cun DADO!!! Aos nenos e nenas gustoulles moito. Aquí temos o alumnado de 4º curso en plena acción.


09/04/14

Taller de xabón

O pasado  25 de marzo fixemos o II Taller de xabóns. Aquí tedes a receita para quen se anime a facelo na súa casa. Podedes ver tamén unha táboa con alternativas ecolóxicas na limpeza do fogar. Animámosvos a que probedes!

            COMO FACER XABÓN CON ACEITE USADO
Necesitamos:
v  600 ml de aceite
v  600 ml de auga
v  100 g de sosa cáustica
Botamos a auga nun recipiente e sobre el, a sosa (nunca ao revés). Removemos cunha culler de madeira ata que a sosa quede disolta. É importante facer este paso nun lugar ben ventilado (ou ao aire libre). Cando estea completamente disolta a sosa, engadimos o aceite, e mesturamos coa axuda da batedor ata que empece a espesar (hai que bater aproximadamente 10 minutos).

Bótase  a mezcla nun recipiente e, ao cabo de dous días, córtanse as pastillas de xabón e déixanse secar durante un mes antes de usalas.


LIMPEZA ECOLÓXICA E PRODUTOS DE LIMPEZA
Moitos dos produtos de limpeza que usamos no noso fogar, contaminan o planeta e prexudican a nosa saúde. Cando eliminamos as bacterias do noso fogar, eliminamos tamén as que son beneficiosas para nós e para o noso contorno, e sobrecargamos as depuradoras das augas residuais de produtos químicos contaminantes.

ALTERNATIVAS NA LIMPEZA COTIÁ
PRODUTO USADO
ALTERNATIVA
Deterxente
Xabón natural, en pó, relado ou en escamas. Se empregas deterxente, procura que sexa biodegradable e sen fosfatos. Emprega as doses mínimas.
Lixivia
Vinagre ou bórax (un sal mineral que se pode mercar nas farmacias).
Ambientadores
Plantas aromáticas, incenso ou esencias naturais.
Limpamobles
Panos húmidos. Preparar unha mestura de dúas partes de aceite de oliva por unha de vinagre.
Limpacristais
Un xornal mollado e outro seco. Tamén se pode mesturar auga con dúas culleradas de alcohol de queimar.
Desatascadores
Botar polo desaugadoiro un cuarto de taza de bicarbonato de sodio, seguido de media taza de vinagre. Tapalo uns minutos e deixar correr despois auga quente en abundancia.