21/10/15

Receitas de outono

Estas receitas de outono foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e aquí temos os resultados. Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración  nas actividades propostas.  
 

Recursos outono

Aquí temos unha recompilación de adiviñas, cantigas, refráns e ditos sobre o outono e o magosto.

O Samaín

Este é un LIM colaborativo.

 De Ana Martínez Rey, do CEIP de Pazos:




Este xogo atopámolo en Bibliocastelo, do Ceip A Pedra, de Bueu.  E este tamén:


Do Ceip Manuel Fraga:


Desde a EEI Monte de A Guía chéganos este xogo, vía Actividades LIM:



Carnés de socios da ANPA

A ANPA do cole ten os carnés de socios, Podedes pasar a recollelos os martes pola tarde, de 15;45 a 16:45 h. na biblioteca do cole.
Estes son os comercios adheridos:

Sobre o Samaín


20/10/15

Biografía en diapositivas

Os nenos e nenas de 4º curso seguimos co noso proxecto do Día da Ciencia en galego. Esta é a biografía que fixemos de  Mª de los Ángeles Alvariño,, a quen se lle dedica o Día

19/10/15

Mantemos o patio limpo

Na clase de valores o alumnado de 6º aproveitaron para elaborar unha serie de recomendacións que nos axudarán a manter o patio do noso colexio un pouco máis limpo. Seguro que todos e todas nos esforzaremos para seguir as súas indicacións.

15/10/15

Canción da reciclaxe

Dende o equipo de Medio ambiente animamos a todos os nenos e nenas a facer aínda máis bonito o noso cole.

Na clase de valores o grupo de nenos e nenas de 2º aproveitaron para inventar a "canción da reciclaxe". Deste xeito resúltanos máis doado lembrarnos de botar o lixo no seu lugar.