24/11/15

Diagramas dixitais do alumnado

Na clase de cuarto fixemos diagramas de barras para reflexar os datos recollidos nestes días. Tratábase de ver cales foron os experimentos que mais gustaron no Día da Ciencia.
Para facer os diagramas utilizamos unha ferramenta que nos gustou moito: ChartGo
Este é o resultado dos datos recollidos.

O que máis gustou en todos os grupos de idade foi "A lámpada de lava".

12/11/15

Aviso

AXUDAS COMPLEMENTARIAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 15/16 (DOG 10/11/15)
Unicamente para persoas que non solicitaron na convocatoria anterior.

Alumnado de E. Primaria
REQUISITOS
* Non ter solicitado na convocatoria anterior
*Ser pai/nai/titor/a legal do alumnado matriculado en E.Primaria.
* Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400€.( de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables). Exercicio fiscal 2013.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
*O prazo será dende o 11/ 11/2015 ata o 20/11/2015
* A documentación entregarase na secretaría do centro.