31/01/16

Manifesto pola Paz

Os nenos e nenas de 6º falaron estes días sobre algúns temas que lles preocupan na sociedade actual e despois elaboraron este manifesto que leron diante de todos os compañeiros e compañeiras de colexio o venres día 29 de xaneiro para celebrar o Día da Paz.

21/01/16

Educación Emocional e TIC

Na última sesión de Ed. Emocional, as Xirafas estivemos vendo o conto que hai colgado na rede do "Monstro de cores" (se pinchades neste título poderedes acceder ao vídeo) e, ao rematar, usamos a pizarra máxica (PDI) para pintalo de todas as cores das súas emocións: rosa (cando sente amor), verde (cando sente calma), azul (cando sente tisteza), negro (cando sente medo), vermello (cando sente ira) e amarelo (cando sente alegría). Mirade que chulo quedou!