25/02/16

Prazo de admisión para o curso 2016 - 2017

ÁBRESE O PRAZO DE ADMISIÓN DO CURSO 2016 - 2017
DENDE O 1 AO 29 DE MARZO!

 Se queredes visitarnos e coñecer as instalacións do noso centro chamádenos para concertar unha cita aos teléfonos 886 110 276 ou 886 110 275 


Podedes retirar na secretaría do centro os impresos para a solicitude de matrícula en horario de 9:00 a 14:00h. ou de 16:00 a 17:30h.

Deixámosvos aquí a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes.

21/02/16

Cociñando..bandullo

Para festexar O Entroido os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha sobremesa típica do Morrazo:  "Bandullo". Resultou unha receita moi saborosa e pasámolo moi ben. Aquí tedes o resultado.

05/02/16

Coplas 2016

Aquí vos deixamos as Coplas que elaboraron os nenos e nenas de infantil e os cursos de primaria para cantárllelas aos compañeiros, compañeiras e ás familias o venres, día 5. Este ano o mundo da cociña foi o protagonista.

04/02/16

01/02/16

Proxecto meteoquintela



Con este proxecto, o alumnado desenvolverá competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación metereolóxica que temos instalada no noso centro, que consta dun termómetro e dun pluviómetro.



Diariamente, o alumnado do centro, por turnos (este mes tócalle aos maiores do cole),anotará a chuvia recollida, a temperatura máxima, mínima e actual, e anotarán estes datos  na entrada do colexio, nun taboleiro, para que así todo o alumnado poida cosultar eses datos e traballar logo nas diferentes aulas.



Estes datos  permitirán obter unha serie de datos estatísticos como a temperatura máxima do mes, cal foi o día que máis choveu, canto se recolleu, cantos días de sol tivemos,..

Xa vos iremos contando como vai a nosa investigación!

Atención para o martes!

Mañá Paco-Meco pide que traiamos.....