29/03/16

Aprendemos a facer publicidade

Na clase de Valores traballamos a publicidade aproveitando que no mes de marzo ábrese a matrícula nos colexios. Sacamos fotos de distintas partes do recinto escolar, inventamos frases publicitarias e gravamos as nosa voces con elas. Dámoslle as grazas a Andrea (alumna de prácticas) pola súa gran axuda na gravación e na montaxe do vídeo.

23/03/16

Facemos presentacións dixitais sobre metoquintela

O ratiño Paco, a mascota do cole, quería saber cales son os instrumentos que se usan para medir o tempo atmosférico..
Na clase de 4º curso investigamos, e cos datos recollidos preparamos unhas presentacións de diapositivas por parellas.
Despois presentámosllas ao resto dos compañeiros.
 Así aprendémolas sen decatarnos!

Esta é unha delas:


09/03/16

Día da muller en Primaria

Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.

  Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.

Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas. 
  

08/03/16

Día da muller en Educación Infantil

Hoxe, polo Día Internacional da Muller, viñeron ao cole Araceli e Bea, dúas conductoras de autobús da compañía Autobuses Cerqueiro. Contáronnos moitísimas cousas interesantes sobre o seu traballo e ata nos ensinaron os carnés que precisan para conducir os autobuses!
Moitísimas garzas!

O día que mais choveu foi...

Como xa sabedes, este año participamos nun novo proxecto de innovación educativa chamado "METEOQUINTELA"  
Xa tedes na entrada do cole un panel con datos tan interesantes do mes de febreiro como que o día que máis choveu foi o xoves 11 de febreiro con 37l/m2

07/03/16

Charla da asociación da apicultores para as familias

Este martes 8 de marzo ás 16:00 horas, dous membros da asociación de apicultores de Moaña darán unha charla para pais e nais na biblioteca do cole, sobre a praga da avespa asiática, e ensinarán a contruír unha trampa. 
Para facela precisamos dúas botellas de plástico , unha de litro e medio, e outra pequena, ademais de un cúter.
Entre tod@s podemos contribuír a frenar esta praga.


05/03/16

Nova pista

Xa está rematada a nova pista. A renovación, xestionada e dirixida polo Concello, consistiu no nivelado e pintado da superficie, ademais de marcar os campos.O resultado é excelente:


02/03/16

En febreiro, mes do amor, cartas

Todos os nenos e nenas do cole fixeron as súas cartas de amor: