28/04/16

Proxecto de Educación Física

Kathy, a mestra de Educación Física desenvolveu nos cursos de Primaria un proxecto relacionado cos xogos tradicionais e  populares, como podedes comprobar nos enlaces aos blogs de ciclo:

O escondite
O trompo
A comba
As chapas
A petanca
O pano
A pita cega

Para rematar, engadiu unha parte dedicada ao baile popular e tradicional galego. Para elo contou contou coa colaboración de Vero en Juan, da Asociación "Moañesa de Música e Danza", e membros da nosa comunidade educativa.  

Queremos agradecer este detalle que tiveron co cole ao vir a ensinarnos os picados e puntos para bailar.
Unha experiencia fantástica, na que todos e todas disfrutaron.
Temos que repetila! Grazas!!






26/04/16

1º Semana da froita

Este luns empezamos a 1º das tres semanas da froita .
De luns a venres temos no cole distintas froitas para tomar nos recreos.
A semana da froita forma parte do proxecto do noso centro "Medrando sans con froita", que ten como obxectivo fomentar o seu consumo.
Este  proxecto está subvencionado pola  Consellería de agricultura.



Cadro de Giuseppe Arcimboldo ( 1527-1593) pintor italiano que facía retratos a partir de froitas, flores e plantas.

25/04/16

Lista provisional de admitidos para o curso 2016/2017

A continuación a lista de admitidos para o próximo curso. En 5º de Primaria está pendente da xuntanza da comisión de escolarización do Concello.

 4º Educación infantil: 
Aitor González Regueira
Nicolás Díaz Pena
Carmen Fernández Martínez
Líah Nogueira Gil
Valeria Piñeiro Seoane
Uxía Gestido Vives
Zaira Fonseca Santomé
Loly Cerdeira Mateos
Enzo Menduiña Piñeiro
Enzo Gomez del Río
Lois Rodas Santomé
Valeria Blanco Bermúdez
Aroa Blanco Pena
Nahara Coloret Fernández
Oscar Del Río Bouzas

  5º Educación infantil:
 Santorio Núñez, Iago

 6º Educación infantil: 
González Puga, Paula

1º de Primaria:
Carballo Pérez Aitana
Coladas-Guzmán Jaime
Lemos Freire Mara
Ogando Bayr, Pedro

 4º Educación primaria: 
Alonso Costa, Alejandro

 5º de Primaria. Pendente de baremación

 6º Educación primaria: 
 Magallanes Santomé, Eire

23/04/16

Celebramos o día do libro durante todo o mes de abril

Estas son algunhas das actuacións que desenvolvemos durante o  mes de abril, para celebrar o mes do libro. Clica nos enlaces para completar a información.

  • O alumnado de 4º, 5º e 6º recibe a Ledicia Costas na biblioteca do cole. despois de ler nos clubs de lectura o seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
  • "O noso libro favorito". O alumnado de todos os cursos comparte cos seus compañeiros a súas lecturas favoritas.
  • Exposición de novidades  en colaboración coas librerías, O alumnado visitou a exposición polas mañáns, e as familias pola tarde co obxectivo de que coñezan as novidades editoriais que ofertan as librerías de Moaña.
  • Xuntanzas dos  clubs de lectura do colexio:  5º de Primaria, 6º de Primaria e o club para as familias, coordinado polo bibliotecario municipal.
  • Visita da alcaldesa de Moaña á nosa biblioteca para ser entrevistada polo alumnado de 5º e 6º curso.
  • As familias contan , actividade na que mamás e papás dos mais pequenos veñen contar contos ao cole.
.

Entrevista á alcaldesa de Moaña

Onte o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tivo a amabilidade de acceder á nosa petición de facerlle unha entrevista. En 5º prepararon as preguntas  e ela contestounas de forma moi sinxela para que todos poideramos entendela. 
Agora, tócalle a 6º elaborar o texto que sirva para subir á Galipedia a nosa entrada sobre a alcaldesa. Porque este era o motivo da entrevista: coñecela e dar a coñecer aos demais o noso traballo. Como en cursos anteriores, 5º e 6º son os encargados de subir á Galipedia unha presentación sobre unha persoa ou grupo de Moaña que o mereza e que aínda non teña aparecido nesa páxina. 
Este curso consideramos que o feito de ser a 1ª muller alcaldesa na historia de concello era motivo dabondo para facelo. 
Ao final do encontro a alcaldesa felicitounos pola facilidade coa que falamos en galego. Aconsellounos que non perderamos o hábito de falar en galego porque é a maneira de seguir coñecendo a nosa cultura. Tamén nos dixo que o feito de poder falar as dúas linguas ( galego e castelán ) nos axuda a aprender con máis facilidade outras linguas.
          As  titoras queremos felicitar ao alumnado polo ben que o fixeron. 
          Mostramos algunhas fotos.










18/04/16

Meteoquintela no mes de marzo

Os nenos e nenas de Quintela xa son uns expertos en meteoroloxía. 
Nas aulas fanse os rexistros diarios sobre a temperatura, a chuvia, o estado do ceo,..., e con eses datos fan as estatísticas e gráficas correspondentes, aprendendo así a súa lectura. Cando acaba o mes, na entrada do cole, deixamos plasmados eses datos.
               
               Aquí tedes o mes de marzo:






05/04/16

Proxecto Meteoquintela

O proxecto Meteoquintela está resultanto interesantísimo.
Participa o alumnado de todos os cursos, recollendo datos, realizando climogramas, estatísticas, aprendendo a utilizar instrumentos de medición, a interpretar mapas metereolóxicos, a aprender vocabulario relacionado co clima, ....
Podedes seguir a  información nos blogs de ciclos:






En Infantil aprendemos a traballar co iPad

O alumnado do cole está aprendendo a traballar co iPad de xeito autónomo.
No blog de Infantil en Quintela podedes comprobalo.