27/05/16

Abrimos a exposición interactiva. Non a perdades!

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016 "MANUEL MARÍA"
A partires desta tarde, queda aberta ao público a Exposición Interactiva sobre Manuel María feita por todo o alumnado
E necesario instalar a aplicación AURASMA para poder acceder aos contidos interactivos (aquí vos deixamos un titorial sobre como facelo http://colexioquintela.blogspot.com.es/…/exposicion-interac… )
Non esquezades de FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Na entrada do cole, tedes algúns consellos prácticos máis!
En caso de non poder acceder cos dispositivos móbiles, falade co profesorado de garda, para que vos presten algunha das  tablet do cole.
Podedes vir de 9h a 10h e de 15:30h a 17:00h. ⏰

MOITAS GRAZAS!

26/05/16

Rematou o festival 2016

Rematamos o festival das letras galegas 2016.
As mestras e mestres do cole queremos felicitar a todos os nenos e nenas pola ilusión con que participan e polo ben que o fixeron. 
Tamén queremos darlle as grazas ás familias por axudarnos tanto para que todo saia ben.
Nos próximos días iremos enlazando nos blogs do cole os vídeos e fotos das actuacións.

23/05/16

Celebramos as Letras Galegas: carteis

Esta semana celebramos o Festival das Letras Galegas no Auditorio de Quintela. Xa sabedes que as datas son o mércores e o xoves. No cole xa temos pegados os carteis que nos anuncian as diferentes actuacións. Aquí vos deixamos unhas imaxes.



19/05/16

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016

Aquí vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 5º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva de Manuel María que faremos no cole.


Poemas pola rúa

Seguindo a proposta do Concello de Moaña, sacamos a poesía á rúa. Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargadas de colgar pola rúa os poemas de Manuel María que prepararon en todas as aulas. Os poemas levan incorporados códigos QR para poder visualizar os vídeos con recitados de poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

 

Listaxe de alumnado admitido o curso 2016-2017

Seguimos pendentes da xuntanza da comisión de baremación para poder publicar os listaxes definitivos  de quinto curso.
 Nos outros cursos confirmanse as listaxes provisionais, tal como podedes consultar aquí:
http://colexioquintela.blogspot.com.es/2016/04/lista-provisional-de-admitidos-para-o.html

11/05/16

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016

ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE MANUEL MARÍA, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.

SE QUEREDER VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".

AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID


09/05/16

Meteoquintela en segundo curso

Bos días familias,
esta semana tócanos aos de segundo curso achegarnos á estación meteorolóxica para a recollida de datos.
O mércores, xoves e venres iremos en grupos de cinco acompañados dun adulto.
Hoxe achegámonos todos para atender ás explicacións que nos deron dous compañeiros de 6º curso.
Puidemos ver como se recollen as temperaturas máxima, mínima, media; a cantidade de auga no pluviómetro; o orballo e o estado do ceo.
Tamén nos achegamos á entrada do colexio para apuntar os datos recollidos.

06/05/16

As familias contan

Hoxe a clase de 2º tivo a sorte de ter a visita doutra mamá. Bea estivo con nós para contarnos o conto "Quen pode vencer o vento?" Trouxo un precioso dado feito por ela con todas as personaxes. Despois de escoitar a historia estivemos un rato xogando co dado. Moitas grazas por todo Bea!!

03/05/16

As familias contan

A semana pasada a clase de 2º recibimos a visita de Teruca.
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!