A dirección do Colexio informa da renovación parcial do Consello Escolar, que ten lugar cada dous anos.
No mes de novembro corresponde elixir a 2 nais/pais
DATAS DE INTERÉS
Exposición pública do censo electoral…………..a partires do 3 de novembro
Admisión de candidatos/as……………………….dende o 7 ao 14 de novembro
(dirección)
Proclamación de candidatos/as…………………..martes 15 de novembro
Período de reclamacións………………………….dende o 15 ao 17 de novembro
Elección de nai/pais……………………………….martes 22 de novembro de 13:30 a 14:00 h. e de 15:30 a 17:00 h.na biblioteca
Proclamación candidatos electos……………….mércores 23 de novembro
Constitución do novo Consello Escolar…………martes 13 de decembro
28/10/16
FRANCÉS EN QUINTELA
ESTADE MOI ATENTOS/AS. NESTES DÍAS A PROFE VICTORIA, ESPECIALISTA EN FRANCÉS, DEIXARAVOS ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES NO BLOG.
DEIXÁMOSVOS UN ENLACE PERMANENTE NO MENÚ LATERAL DA DEREIRA.
AU REVOIR!
http://colexioquintela.blogspot.com/2017/03/presentation_30.html
Trípticos do Samaín
Esperamos que gustaran os trípticos que o alumnado de 6º de primaria elaborou para dar información ás familias sobre o Samaín.
Fixéronnos usando as ferramentas de StripDesign para o cómic e o Publisher para a elaboración de trípticos.
Levoulles o seu tempo, pero o resultado foi magnífico! Parabéns!!
26/10/16
Noticias frescas!
Un colexio chamado Quintela en Moaña , sorprendeu a todos os seus alumnos este luns, a principios de semana. Puxeron bolsas de lixo negras por dentro das portas de cristal cortadas en tiras e con todo escuro, teas de araña, cabazas pintadas e decoradas polos alumnos,…
Este venres a finais de semana en horario escolar farán o acendido das cabazas cunha vela dentro e as porá nos corredores. .
O colexio de Quintela xa está preparado para o Samaín.
Zoe, 4º de Primaria
O MEDO decora os corredores e entradas do cole!
O Samaín chegou a Quintela!!!! Temos as entradas e os corredores que meten medo!!!! Mirade, mirade...
24/10/16
Audición e linguaxe
ESTADE MOI ATENTOS!
PRONTO A PROFE ANDREA, A ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE, DEIXARANOS INFORMACIÓN MOI INTERESANTE NO BLOG!
NA DEREITA, DEIXÁMOSVOS ESTE ENLACE PERMANENTE A TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A AUDICIÓN E LINGUAXE. SO TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE DE PACO!
22/10/16
Aumentando a seguridade vial no cole
No cole seguimos dando importancia á seguridade dos nosos nenos e nenas, por iso o Concello pintou uns pasos de peóns na entrada para que o alumnado poida entrar e saír máis seguros ao centro. Mirade que ben quedaron....
21/10/16
Tempo de Samaín
TEMPO DE SAMAÍN. Como todos os cursos, na última semana de outubro faremos unha exposición de cabazas decoradas. Animádevos a participar nesta actividade compartindo cos vosos fillos e fillas o baleirado e talado das cabazas. Podedes traelas a partir do mércores 26. O venres 28 faremos o acendido das cabazas nos corredores.
Grazas pola vosa colaboración.
15/10/16
Seguindo coa educación vial...
Aproveitamos para lembrarlle ás familias que, no horario do comedor escolar (de 13:45 a 15:15 horas), está prohibido acceder ao mesmo por parte de persoal alleo ao mesmo.
Grazas!!!!!
04/10/16
QUE ÉXITO DE PETICIÓNS MUSICAIS...
Estamos encantadas coa acollida que tivo a idea da caixa de suxestións para a música de entrada-saída.
Vemos que o de entrar e saír musicalmente ao cole está gustando bastante ao alumnado, e supoñemos que tamén ás familias.
PROPOSTAS MUSICAIS PARA A ENTRADA-SAÍDA AO COLE
Nenos e nenas de Quintela!!! Temos na entrada principal do cole, unha caixa de suxestións para que poidades deixar por escrito a vosas peticións de cancións para poñer no momento da entrada-saída.
Animádevos e facédenos chegar os vosos gustos musicais!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)