17/05/17

Rematamos o xogo da serpe

O noso obxectivo con este xogo de ámbito europeo era acadar un 20% mais de viaxes sostibles ao colexio: camiñando, pedaleando, en coche compartido.
Casi o conseguimos! Na medición previa, un 47% do alumnado de Primaria viña ao cole andando ou en coche compartido. Ao longo das dúas semanas do xogo, acadamos de media un 66% de viaxes sostibles. Todo un éxito.
Non xogou a favor nosa nin o tempo ( días de chuvia) nin os cortes na PO 313, que empezaron a parchear o día que comenzamos o xogo, coa conseguinte desaparición dos pasos de peóns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.