14/06/17

Movémonos

Lembrades que participamos nun xogo europeo para fomentar os desprazamentos sostibles ( camiñando, en coches compartidos, en bici)?
Hoxe fixemos a última medición , un mes despois de participar no xogo.
A pesares de ter rematado o xogo, seguimos mellorando!!!

Antes de empezar o xogo, un 47% do alumnado desprazábase de xeito sostible para vir ao cole. Ao rematar o xogo, xa era un 66% por certo o que viña camiñando ou en coche compartido.
A medición de hoxe da un 71%.
Ben polas familias!!!
Pero o alumnado tamén merece un premio: este venres terán 15 minutos mais de recreo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.