30/01/17

Proxecto en 4º de Infantil

Este foi o primeiro proxecto dos benxamíns do cole, a clase das tartarugas. Mirade todo o que investigaron!:



29/01/17

Manifesto pola PAZ

Ola! Somos os nenos e nenas de 6º curso . Como somos os maiores do cole preparamos este manifesto pola PAZ en representación do cole 
Aínda que a palabra  PAZ só ten 3 letras é moi difícil de conseguir xa que hai demasiada violencia, demasiada discriminación e moitas guerras no mundo.

Na nosa convivencia diaria debería haber máis tolerancia, empatía e respecto.

Para conseguir a tolerancia teríamos que:
  • Saber estar cos demais.
  • Saber que os demais teñen outras opinións.
  • Saber que os demais teñen outros gustos.
Para desenvolver a empatía teríamos que:
  • Saber colocarnos no lugar doutra persoa.
  • Non fagas o que non queiras que che fagan.
Para traballar o respecto teríamos que:
  • Contar con que os demais teñen dereito a facer as cousas que lles gustan aínda que a ti non che gusten.
  • Comprender que sexan diferentes a nós.
  • Aprender a falar sen mala intención.
  • Aprender a dar sen pretender algo a cambio.
Non xulgues aos demais como o que non son.

Que a xente deixe de levarlle a contraria a outras persoas só porque queiran que todo sexa como eles digan.

Que a xente non se crea perfecta e que por iso pense que ten dereito a facerlle aos demais o que     non quere que lle fagan a ela ou el.

Valorémonos e deixemos de envexar.

Para lograr  a PAZ  o  máis importante é aceptar a diferencia.

Vós queredes un mundo no que pensemos todos o mesmo?

Sería aburrido, non?

É mellor compartir que competir.

QUE A AMIZADE SEXA A ARMA MÁIS PODEROSA!!!!!

20/01/17

E seguimos coas peticións de música!!

Non deixamos de recibir peticións de suxestións de música para a entrada e saída do cole. Non vos desanimedes que atenderemos a todas!!!