24/03/17

Cuarto día de piscina...

Esta sesión estivo dedicada a traballar os brazos e pernas de braza e tamén ao buceo. Encantounos!!!
Grazas Pedro por ensinarnos tanto en tan pouco tempo!!!


Pinto e Pistacho

Porque queremos educar nenos e nenas responsables e respetuosos coa natureza e os animais, o cole de Quintela, en nome do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadrina a dous canciños acollidos na Protectora de animais do Morrazo.
Esta semana o alumnado coñeceu as súas historias, e dende agora o alumnado de 3º e 4º apadriña a Pistacho, e o alumnado de 5º e 6º apadriña a Pinto.
 As súas obrigacións son preocuparse por eles, e de vez en cando atopar un momento para ir visitalos e darles cariño.
 Papás e mamás, contamos con vós para conseguir os nosos obxectivos!

18/03/17

Terceiro día de piscina...

Onte, tivemos a nosa 3ª clase de natación. Xa coñecemos moito da técnica dos estilos de espalda e crol, polo que nos iniciamos un pouquiño en braza. Isto vai fenomenal!!!




11/03/17

O noso segundo día de piscina....

Cada día que pasa, gústanos máis a actividade de Natación!!



Sexto curso na piscina

Durante o mes de marzo, as clases de Educación Física dos venres do alumnado de sexto curso son na piscina municipal, onde aprenden distintas técnicas de natación.
E unha proposta que saíu da concellería de Ensino do Concello de Moaña, que financia o autobús, e da empresa concesionaria da piscina, Aqualia, que aporta un monitor e un prezo reducido no acceso,
A prensa local faise eco da noticia:

05/03/17

ENTROIDO 2017

AQUÍ TEDES UN AMPLO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS NO ENTROIDO DE QUINTELA: MERENDAMOS AS SOBREMESAS TÍPICAS DE ENTROIDO, CANTAMOS AS COPLAS, DESFILAMOS ARREDOR DO COLE E PARTICIPAMOS NO ENTERRO DA XOUBIÑA. PASÁMOLO XENIAL!!!

04/03/17

Natación en sexto curso

Durante o mes de marzo, os venres, os nenos e nenas de 6º de Primaria imos facer a clase de Educación Física na piscina municipal.
 Esta é unha actividade que xestionou o Concello xunto coa Piscina  Municipal, co obxectivo de fomentar o deporte da natación dentro da comunidade escolar.  
Traballaremos a técnica nos diferentes estilos e tamén a respiración, pero sen esquecer o xogo, que é moi importante para unha boa e motivadora aprendizaxe.



01/03/17

Festa do Entroido en Quintela

O Entroido 2017 en Quintela:

Coplas 2017

Un ano máis cada curso elaborou a súa copla para cantar o día do Entroido. Nesta ocasión a paz e o amor protagonizaron as melodías e os retrousos.